martes, 29 de noviembre de 2016

E CUMPRIRON 6 ANOS ...

Neste mes de novembro que está a un chisco de rematar , dous "ratiños" de 1º que sempre teñen un sorriso na súa cara Antía e Lucca.

parabens


viernes, 25 de noviembre de 2016

STOP Á VIOLENCIA CONTRA AS MULLERES


Esta semana para traballar a coeducación e a igualdade de xénero desenvolvemos varias actividades relacionadas co conto de Adela Turín "Arturo y Clementina " que rematamos hoxe ,no " Día Contra a Violencia ás Mulleres ".



  1. Toda a clase observamos e comentamos de que podería tratar o conto.
  2. Lemos e visionamos a libro nun contacontos.
  3. En grupos reflexionamos sobre o conto e acordamos o que podería dicirlle Clementina a Arturo se non estaba de acordo coa situación que estaba a vivir.



4. Inventamos un final para o conto
    


5. Cada grupo escolleu un lema contra a violencia e escribiuno nun poster con lentellas.



6. Fixemos "maxia" co noso lema.




lunes, 21 de noviembre de 2016

INSTRUMENTOS HUMILDES

Rematou a semana pasada de "andar de baranda" coa visita ao museo Liste a un obradoiro teórico-práctico no que nos amosaron :

  • Obxectos construidos co fin de tocar ( pandeiro, pandeireta...)
  • Obxectos utilizados como instrumentos (canas, culleres, cunchas...)
  • Xoguetes sonoros.
  • Explicáronnos a variedade de ritmos (Alalá. Alboradas...)
  • Momentos de uso ( festas, comparsas...)
  • Exemplos do cancioneiro popular ( coplas ,nanas...)
Nós tamén cantamos e rematamos a visita construindo o noso xoguete musical, coa mitade dunha noz, un fio e un pauciño fixemos un carrizo.
Vaia semana !

miércoles, 16 de noviembre de 2016

O NOSO MAGOSTO

Por fin onte celebramos o noso magosto, coma todos los anos no Galiñeiro.
Xa estabamos desexando que parase de chover para celebrar esta primeira saída todos xuntos e ... non puidemos ter mellor día !
E deben ser os aires do monte que algúns ademais de facer cabanas e lidar dun lado para outro, non pararon de rillar en toda a mañá.



lunes, 14 de noviembre de 2016

APADRIÑAMENTOS LECTORES

Hoxe os nosos padriños e madriñas lectores, os alumnos de 6º ,recitáronnos unhas rimas dun libro elaborado por eles  " Noite de terror" co tema dos monstros.

Máis que medo, déronnos risa aínda así, quedamos abraiados coa preciosidade de libro que fixeron.
Ao remate , sesión de fotos e todos contentos co libro para disfrutalo na nosa clase.
                 Que sorte ter por padriños aos maiores do cole !



viernes, 11 de noviembre de 2016

EXPERIMENTO ÓSOS

Como remate as tarefas ao redor do "Noso Corpo" fixemos un experimento para comprobar a importancia do cálcio nos ósos.





















Observamos que :

  1. O óso do vinagre cambiou a unha cor máis escura.
  2. O óso que estaba na auga segue duro e ríxido e mide o mesmo que hai unha semana, 10cm .
  3. O óso que estivo no vinagre mide 9cm e ... dobrase con facilidade !
O vinagre que é un ácido (acético) disolveu o calcio que é o que fai que os nosos ósos sexan duros, por iso é tan importante consumir alimentos ricos en calcio para fortalecer os nosos ósos.

Engado unha montaxe do proceso que seguimos, no que só tivemos que soportar ,ao abrir os frascos... un cheiro ASQUEROSO !

        


jueves, 10 de noviembre de 2016

Xa comezamos co noso horto

     Onte, aproveitando uns raios de sol, fomos ao horto. Tiñamos a terra preparada, Marcos fixo un gran traballo de fresado, Carmen preparounos un rego e, ademais, os nenos e nenas de cuarto curso xa empezaran a plantar e nos deixaran sitio para os nosos cultivos de inverno: cebolas, porros, brócoli e coliflor. Estivemos observando as diferencias entre cebolas e porros e vendo que partes tiñan as plantas e que función teñen.