viernes, 29 de enero de 2016

PEQUENAS COUSAS

Un curso máis volvemos a celebrar o  "Día da Paz" cun “Circuito Solidario”, para recadar alimentos aportados polas familias do cole para Banco de Alimentos de Gondomar.

  Todos os alumnos/as remataron con éxito o circuito polo que ata o día 3 de febreiro, día da recollida, poderán traer ao cole os alimentos aportados polos seus patrocinadores.


   Engado unha montaxe con algunhas fotos dos nenos/as facendo parte do circuito e cantando e bailando coa tenra canción escollida para esta data, pola profe Elena  “Fatuo yo “ unha cantiga infantil do Senegal na que un neno soña con crecer nun mundo no que pode ser feliz.


lunes, 25 de enero de 2016

UN MURAL DE INVENTOS

O noso traballo consistiu en aportar información sobre inventos ou descubrimentos ao longo da historia da humanidade que melloraron a nosa vida.
Recollemos toda a documentación, fixemos unha secuencia temporal, decoramos os carteis e este é o resultado.


Xa sabedes cal é o mellor invento para a máis larpeira da clase , non si ?

miércoles, 20 de enero de 2016

CANTANDO CON SUSA HERRERA

Hoxe Susa Herrera fíxonos pasar un rato moi, moi divertido, coa colaboración da profe Elena, presentándonos algunhas cancións do seu último traballo "En Cabárceno se sigue cantando " no que continúa poñendo letra e música aos animais do Parque de Cabárceno nun novo percorrido pola fauna e os sons dos cinco continentes.

Do mesmo xeito que no primeiro título desta serie: "En Cabárceno se oye cantar", outros dez animais cobran vida ao ritmo da música deste libro-disco, ilustrado por Violeta Monreal.


viernes, 8 de enero de 2016

SANSE ...QUE ?


As sansevieras ou linguas de tigre son as plantas que escollemos os de 2º como plantas de interior para dar "máis vida ao cole"

Así as atopamos despois das vacacións !

Se queredes saber os motivos que nos levaron a escollelas , clicade na imaxe que enlaza co blogue  "O noso horto"

EXPERIMENTANDO NA CASA

  Comenzamos o trimestre cun novo experimento "A lata saltarina", o que realizou Aroa para engadir na nosa mochila viaxeira.
  Fíxonos a demostración na clase e comprobamos que en verdade a lata móvese por efecto da calor e deixa escapar o aire que ten dentro. OOOHHH!
  Por se queredes facelo , aquí tedes os pasos a seguir.