viernes, 27 de abril de 2018

PREMIOS DO CONCURSO DE POESÍA



Despois dunha quincena de andar roldando as musas por todo o colexio ,onte soubemos quen eran os premiados do " Concurso de Poesía "

Foi unha dificil misión conceder os premios pola masiva participación que tivo o concurso e a calidade dos traballos presentados.

No noso ciclo as gañadoras foron Antía Barros e Amanda Rial cuns simpáticos pareados.


Aquí as tedes cheas de ledicia logo de recibir os seus premios !
Parabéns a premiados e participantes polo seu traballo e pola ilusión que contaxiaron neste concurso.


miércoles, 25 de abril de 2018

FESTEXANDO O DÍA DO LIBRO

O luns 23 festexamos o " Día do Libro " con música e contos.
Os profes da Agrupación Musical de Vincios tiveron a ben, convidarnos a todos os do cole, en dúas quendas para contarnos tres contos ...


cun acompañamento musical que fixo  arrincarnos máis dun aplauso.
Encantounos o paseiño solleiro ata Escola de Música, a boa acollida coa que nos agasallaron  e o bo rato que nos fixeron pasar. GRAZAS !
Tedes máis fotos no blogue da biblioteca


viernes, 20 de abril de 2018

POESÍAS TODOS LOS DÍAS !


Remataron as dúas semanas disfrutando de poemas ,ditos, retahilas e adiviñas na "Hora de ler".

Empezou a actividade timidamente no 1º Ciclo, para logo andar as carreiras e non quedar sen oco na pizarra onde anotarse para recitar.

Parabéns a todos os que participaron polo que nos fixeron disfrutar cada día !



No blogue da biblioteca atoparedes fotos de máis participantes doutros ciclos neste recital poético diario.

jueves, 5 de abril de 2018

UN ABRIL DE POESÍAS

Cunha tirada de globos cheos de estrofas, versos e adiviñas, iniciamos as actividades que xiran ao redor  da Poesía este mes de abril.
  •  Concurso de pareados ilustrados para o noso ciclo.
  •  Recitado de poemas na "Hora de ler"
    Terminou o acto coa lectura dos poemas atopados nos globos e a recollida das “ Maletas da Poesía “para compartir no ciclo todo este mes e disfrutar lendo , creando e ilustrando poemas.
Visitade o blogue da biblioteca para ler as bases do concurso