viernes, 24 de febrero de 2017

BENVIDO ENTROIDO !

Hoxe celebramos o noso desfile de Entroido e os nenos/as do 1º Ciclo disfrazámonos de " Alegría".

Engadimos unhas fotos previas ao desfile e na web do cole xa tedes o video de todos os nosos compañeiros cos seus fantásticos disfraces que coma o noso, este ano xiraron ao redor das emocións.

A  DISFRUTAR  DO  ENTROIDO !


jueves, 23 de febrero de 2017

CANTO SENTIMENTO !


Hoxe antes do recreo, asistimos na biblioteca , á entrega de premios do concurso " Palabras con sentimento ".

Levamos a fenomenal sorpresa de que as premiadas do 1º Ciclo foron : EMMA,  LÍA e  ZAIRA.



Na foto inferior as tedes con todos os premiados e premiadas de todas as categorias e poderedes visionar as seus videos ,nos vindeiros días, no blogue da Biblio.

parabens
a premiad@s e participantes polo seu traballo !

E que ... " As cousas feitas co corazón, adoitan ter gratificación "

miércoles, 22 de febrero de 2017

viernes, 10 de febrero de 2017

PALABRAS CON SENTIMENTO

Aproveitando que estamos en febreiro, que temos un novo concurso no cole " Palabras con sentimento ", ver bases no blogue da biblioteca .
conto escollido para traballar este mes é ...


Unha marabilla de conto co que traballamos as diferentes maneiras de expresar AMOR : cun sorriso, cunha mirada, cunha aperta ... ou como facía Bruno o protagonista do conto, recollendo palabras para regalarllas a Andrea.
Unha historia de amor con moitos matices, onde nos fala dunha sociedade chea de desigualdades, do valor dos cartos e da importancia de dicir as cousas desde o corazón.
Despois de visionar e ler o conto, pensamos nas palabras que nos gustan, por como soan, por curtas, por longas, polo que significan ou polo que nos lembran.
Algunhas das palabras que sairon foron : nubes, fantasía, Celta, rosa, fresa, bolboreta,  beso, unicornio, hamster, xoaniña, tiovivo, risa, adorable, caricias ...
Escribímolas en corazóns e con eles fixemos un globo aerostático.
Continuaremos atrapando palabras para que o noso globo suba ben alto.





jueves, 9 de febrero de 2017

Filosofía para nenos e nenas

Hoxe os nenos e nenas de 2º  tivemos a nosa segunda sesión de filosofía para aprender a pensar. Mesas fóra, sentados en alfombras e na tarima, empezamos cun momento de meditación durante catro minutos centrando a atención en nós, na nosa respiración, nos nosos movementos... como rás.  Despois, como introducción a sesión de filosofía estivemos facendo en pequenos grupos un puzzle dunha obra de Gaughin, "Pueblo bretón bajo la nieve". Pegámola en cartolina e inventámoslle un título. 

      A raíz desta pintura comezamos a dialogar, aspecto fundamental e clave para aprender a pensar.


 Para a tarefa de meditación, basámonos na obra de Eline Snel, "Tranquilos y atentos como una rana", meditación para niños y padres.