viernes, 21 de junio de 2013

VACACIÓNS

  Xa chegaron as vacacións !

   Agora poderedes disfrutar de máis tempo libre para xogar, ir a praia, estar coa familia e cos amig@s e seguro que tamén haberá momentos que vos vai apetecer LER ou  facer algunha tarefa para non esquecer o aprendido e o meu desexo é ...


          Que disfrutedes tod@s moito deste tempo de lecer !!!

         

miércoles, 19 de junio de 2013

DIPLOMAS E MENCIÓNS

    Hoxe asistimos na biblioteca as derradeiras exposicións do proxecto anual, espectaculares, e a entrega de diplomas polas actividades realizadas este ano.
  Os alumn@s do 1ºciclo regresaron todos contentos a clase polas mencións recibidas.


    Silvia de 1º e Aldara de 2º recibirón diploma por ser as que fan máis uso do préstamo da biblioteca no noso ciclo.
    Sofía, Marta, Alex, Alba, Sara, Sira, Ana, Aroa, Hugo, Irene, Samu, Aarón de 1º e Diego de 2º foron os que máis preguntas acertaron no concurso de investigación anual "Atopa a resposta" recibindo mención e chapa de Librincios.
  Aitor de 1º e  e Noa de 2º recolleron os seus traballos do concurso "Cartel /Poema" do ENDL  que estiveron expostos no Centro Comercial da Ramallosa polos que recibiran un lote de libros.
  
    E agora na clase ... a continuar recollendo .

miércoles, 5 de junio de 2013

DÍA DO MEDIO AMBIENTE II

    Chegou o día da celebración e como remate as tarefas que fixemos na clase para concienciarnos de que o coidado do Medio Ambiente é tarefa de todos , participamos tod@s os alumnos do cole nos xogos e obradoiros organizados polo Equipo de Orientación.
   No blog da Biblioteca podedes ver as fotos deste día  e nesta foto de grupo o contentos que quedamos con todo o que fixemos.