miércoles, 24 de mayo de 2017

LIMANDO MEDOS

O alumnado 1º Ciclo xunto con Infantil acudiron hoxe a Biblioteca para unha sesión de CONTACONTOS  protagonizada por África, Ana e Sofía de 6º.

O libro elexido foi "A miña amiga a escuridade"




"Mentres María xoga, a escuridade entra a través da fiestra do seu cuarto. María non se asusta e xuntas pasan boa parte da noite xogando e bailando."

 Tan ben o fixeron que non lles quedou outra que facer un bis, acadando a máis alta  valoración deste pequeño gran  público.



E CUMPRIRON ANOS ...

En maio Zaira, Martiño e Diego.
Que rápido pasa o tempo !

parabens

viernes, 19 de mayo de 2017

FESTIVAL E PREMIOS

Hoxe foi o último día das actuacións do noso " Festival " e xa tedes na web do cole as montaxes fotográficas das actuacións dos dous días.

En breve engadiranse os videos , onde veredes coma estes nosos pequenos protagonistas sorpréndennos sempre a mellor en cada un destes eventos.
                                     
Puxo a guinda ao remate das actuacións, a entrega dos premios do concurso literario "A Xoaniña"


 Como podedes ver, os gañadores do noso ciclo foron Alba de 1º e Iago e Paula de 2º.


parabens

viernes, 12 de mayo de 2017

MAIO, MES DAS LETRAS !


Este mes de maio estamos de cheo metidos nos ensaios do noso Festival das Letras e descubrindo a Carlos Casares o autor homenaxeado este ano.


Engado un LIM con máis actividades dos textos do escritor que estamos traballando na aula.
Clicade na imaxe inferior !


Lembrade que os ne@s de 1º e 2º actuarán no Festival  o xoves 18 de maio a partir das 12 h.


jueves, 11 de mayo de 2017

MÁIS CONTOS !

Os nen@s de 1º estamos encantados cos nosos padriños lectores !
Esta vez foron EVA E ANTÍA de 6º as que hoxe nos contaron na biblioteca o precioso conto de amor " La Rayuela" de Antonio Ventura , no que Pablo, o protagonista, só desexaba unha cousa con todo o seu corazón : que o seu amor fixésese realidade.