viernes, 23 de marzo de 2018

EXPOSICIÓNS TRIMESTRAIS

Rematamos o trimestre coas exposicións dos nenos do 1º Ciclo e Infantil sobre algunhas das cousiñas que traballaron ata agora no proxecto " Un paseo pola historia".
A pesar de ter os nervios a flor de pel, foron quen de acougar e sair airosos na posta en escea do traballo realizado.

PARABÉNS rapaces !

No blogue da Biblioteca tedes engadidas todas as exposicións e máis información desta actividade.



viernes, 9 de marzo de 2018

SAÍDA TEATRAL


Onte asistimos a un espectáculo de títeres “Garbancito en la barriga del buey “  da compañía xerezana “La Gotera de Lazotea “ e  premiado  na Feira Europea de Artes Escénicas para Nenos e Nenas o pasado ano .



Esta revisión de todo un clásico da literatura infantil, logrou facernos disfrutar e arrincarnos máis dun sorriso coas fazañas de alguén aparentemente tan pequeno e insignificante, empregando a imaxinación, o humor e a música en directo.