jueves, 30 de octubre de 2014

CHEGOU O SAMAÍN

  Despois de pasar a semana preparándonos para o Samaín con xogos, cancións, películas e falando moito do tema... chegou o gran día !
  Medo, medo non pasamos porque xa sabemos onde está, o que si foi, é que botamos unhas risas de medo , coas pintas dalgúns que pensaban que nos ían meter medo.


SAMAIN 2014 - Movie Maker

   E para entreterse estes días non lectivos, engado unha curtametraxe dun libro da editorial OQO " A bruxa regañadentes" e un enlace se premedes na última imaxe, cunha morea de divertidos xogos para pasar un ratiño.



lunes, 27 de octubre de 2014

OS ALUMNOS DE 2º PLANTARON COLIFLOR

  O venres os alumn@s de 2º baixaron ao horto a plantar coliflores. Non lles faltaron nin ganas nin xeito para facer un bo traballo, como podedes ver nas fotos.



VERSOS A MIÑA HORTA DE AROA


 Aroa presentounos hoxe en 1º a "Don Pascual" o espantallo a quen lle adicou os versos da horta.

 Un traballo xenial o do espantallo Don Pascual !

HORTICAIXA DE 1º

  Os alumn@s de 1º xa remataron a súa " horticaixa " para os utensilios do horto. Pintárona, pegáronlle produtos que se obteñen no horto e ... así de bonita lles quedou !

viernes, 24 de octubre de 2014

OS NOSOS LIBROS FAVORITOS

 Para conmemorar o "Día das Bibliotecas" acordamos montar mini exposicións por aula , nos corredores, cos nosos libros favoritos.

 Algúns libros son importantes para un, polas circunstancias que os rodean; quen nolo leu, a quen llo lemos, como nos emocionou ...


  Engado o video dun dos meus libros favoritos; por se queredes ter un momento tenro.


   Aquí tedes a mostra da mini exposición dos libros favoritos de 1º.


martes, 21 de octubre de 2014

INDO PARA O SAMAÍN

   Xa estamos preparándonos para celebrar o Samaín 
   Empezamos falando do medo a partir de este video. Quen dixo medo ?
   Nós xa sabemos onde está e as palabras máxicas para espantalo.
 ¡ Miedo, miedo
        rimas con huevo!
                  Si vienes a asustarme ...
               ¡ me importa un bledo !

    
  Para traballar o vocabulario relacionado co tema, este libro LIM de Ana Mártínez


E estas fichas de pasatempos para pasar un rato entretidos


viernes, 17 de octubre de 2014

QUE SORTE, OS PRIMEIROS !

  Onte asistimos a nosa primeira sesión de Contacontos deste curso.
  Se queredes ver as fotos , clicade na pestana da BIBLIOTECA.
  Como o pasamos tan ben, grazas a profe Irene e gustáronnos tanto os contos,  engado este video co que volvemos a  disfrutar dun dos contos na clase.


lunes, 13 de octubre de 2014

QUE FACER CANDO ME ENFADO ?


   Para solucionar algúns enfados que xurdiron nos últimos días na clase, hoxe dedicamos a sesión de lectura ao conto " Cuando estoy enfadado".
   Falamos das cousas que nos fan enfadar, de como nos sentimos e de como o podemos solucionar sen que o paguen os demais.
   Se queredes ler o conto , premede na imaxe e se queredes que volo conten, ver o video.
     
    Nós acordamos seguir os consellos de "Conejo" e vós, que pensades facer ?


lunes, 6 de octubre de 2014

ITINERARIO LECTOR

   Hoxe na biblioteca entregáronnos a caixa  cos libros do " Itinerario lector" que leremos este curso.
  A caixa deconten " Nacho Chichones" e  " Á sombra dos anacardios" e a de 2º " El hombrecillo de papel " e " Os soños na gaiola".
  Antes de recollelas, montamos puzzles cos títulos dos libros e visionamos o traballo que fixeron outros grupos cando os leron. 
Que libros tan bonitos !

sábado, 4 de octubre de 2014

O NOSO CORPO

  Esta semana entre outras cousas, a empezamos lembrando algunhas partes do corpo. 
  Engado estes enlaces, un para repasar e xogar ...


   E estes dous vídeos para cantar e bailar.