lunes, 30 de enero de 2017

Bo Día da Paz

Hoxe celebramos na escola o Día Escolar da Non Violencia e a Paz.Tiñamos previsto facer unha xornada de xogos populares, que por mór da xa desexada choiva, está posposta ata que o tempo mellore. Comezamos a xornada falando deste díaCelébrase o día 30 de xaneiro desde 1964, para conmemorar a morte de Gandhi
Por grupos os nenos e nenas de 2º empezamos a traballar cos escornabots en torno a pintura de Pablo Picasso, El niño del pichón; unha pintura moi tenra relacionada coa paz. 



sábado, 28 de enero de 2017

DE BOTE EN BOTE


Estas últimas semanas, fixemos  varias actividades ao redor deste tenro libro de Ana Meilán.



Reflexionamos grazas a él, sobre que pode pasar se ocultamos as nosas emocións.



O pequeno Simón cansado de que todo o mundo chámelle chorón, decide gardar en botes debaixo da cama as súas bágoas e as de todo aquel que chora, pero... Que pasaría se o mundo quedase sen bágoas ? 
.
Despois de ler o conto, recortamos as nosas bágoas e escribimos nelas situacións que nos fan sentir mal.
Antes de pégalas no noso bote, fomos verbalizando como nos sentíamos, se tivo solución ou se alguén nos axudou a deixar de estar tristes.



Como remate , colocamos na clase un bote onde poder escribir as cousas que nos fan os nosos compañeiros que nos poñen tristes.
Ao remate de cada semana, lemos as bágoas escritas e reflexionamos sobre o que podemos facer e darlle unha solución.

Pero non pensedes que todo son bágoas eh?

Tamén temos un bote para as cousas que nos fan sentir ben !




viernes, 27 de enero de 2017

NO MES DE XANEIRO ...

 Samu foi o primeiro o que lle cantamos hoxe " Parabéns " neste novo ano. 
Os compañeiros dixéronlle que xa era " un homiño feito e dereito ", como quería ser o protagonista do conto do mes.
  E que ... 7 anos , xa son anos ! je, je


viernes, 20 de enero de 2017

ESCORNABOTIZÁNDONOS

Xa estamos de volta, metidos de novo no allo !
E a voltas cos proxectos , esta semana empezamos a utilizar  como recurso na aula os " Escornabots" que montaron os maiores no primeiro trimestre.

Coa axuda da nosa coordinadora de TICS a profe Ana, en grupos fomos reforzando os conceptos de decenas , unidades e a numeración ata 100.

Non fixo falta máis dunha explicación para ter todo controlado.
Uns fenómenos e a profe Anita ... nin que dicir ten o que fai ela con cables e botóns !