Este ano os alumn@s do centro realizaron un " circuito solidario "co obxectivo de recadar alimentos para doar ao " Banco de Alimentos de Gondomar".
Os nen@s de 2º quedaron abraiados cando comprobamos que só na nosa clase, que é a máis numerosa do cole, a previsión de alimentos recadados e de ... 95 kl.
Moitas grazas a todos os patrocinadores de 2º por esos 95 kilos de solidaridade
Clica na imaxe para ver algunhas fotos co fondo musical da canción que cantamos este ano ao rematar o circuito
Xa estamos de volta e o regreso non puido ser máis doce. Samu convidounos ao que el chama " creps de chocolate" que elaborou xunto co seu irmá Aarón con noces , arroz inflado e chocolate.
Embadurnámonos todos lambendo pero mereceu a pena. Riquísimos !
Engado tamén a foto da manualidade que fabricou para decorar a clase.