viernes, 1 de marzo de 2013

Con que medimos ?

 Coa nosa ficha de traballo, fomos medir zonas e obxectos do noso patio
O campo de baloncesto, o largo e o ancho con pasos. A base da canasta con palmos e a portería de futbito con pés.

   O que levou máis tempo, feitos os grupos, foi poñerse dacordo entre eles para distribuir as tarefas : quen medía, quen contaba, quen anotaba ...

   E ... sorpresa ! A maioría dos grupos acordou, non sin algún que outro enfado, rotar para así todos facer de todo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario