domingo, 1 de diciembre de 2013

ALMORZOS SAUDABLES

   Esta semana todos os alumn@s  disfrutaron , alguns máis que outros, da actividade de almorzar no cole, dentro das actividades programadas para desenvolver o noso proxecto anual.
  O grupo do 1º Ciclo escollemos un almorzo mediterraneo con froita, torradas con aceite ,tomate e xamón ,zume e leite con cacao.
   Todos os nenos estaban ilusionadísimos con esta actividade pero teño que dicir que  nos cursos inferiores veuse empañada polo xeito equivocado, na miña opinión, de facer as cousas por parte dunha monitora allea ao Centro.
  Pero ... quedámonos co positivo de unha nova experiencia no cole e o agradecemento as nais que sen a sua colaboración teríamos máis complicado levar a cabo esta actividade .

No hay comentarios:

Publicar un comentario