viernes, 30 de enero de 2015

DÍA DA PAZ

  Un curso máis volvemos a celebrar o " Día da Paz" cun circuito solidario, para recadar alimentos para entregar as persoas que o necesiten do noso Concello, a través do Banco de Alimentos de Gondomar.


  Todos os alumnos/as remataron con éxito o circuito polo que entre os días 3 e 5 de febreiro poderán traer ao cole os alimentos aportados polos seus patrocinadores.
" NON HAI VERDADEIRA PAZ , SE NON VEN ACOMPAÑADA DE SOLIDARIEDADE"

   Engado unha montaxe con algunhas fotos dos nenos/as do 1º Ciclo facendo parte do circuito e na páxina Web do cole xa tedes un video dos actos de hoxe con todo o alumnado.

No hay comentarios:

Publicar un comentario