jueves, 21 de mayo de 2015

OS VERMES DE SEDA DE LUCÍA


 Hai uns días, Lucía trouxo a clase invitados  "uns vermes de seda" o que nos deu pé a buscar información sobre o desenvolvemento destes seres vivos tan especiais e aprender novas palabras : metamorfose, casulo ...

 O ciclo dos vermes de seda apenas dura corenta días aproximadamente, neses días pasan por distintas etapas ata a transformación en bolboreta que finalmente e tras poñer os ovos morre, para dar paso a unha nova xeración de vermes de seda.

 Pensamos que os vermes remataron a mañá un pouco estresados con tanto meneo , ata sairon ó recreo cos nenos de Infantill-3 onde está Lois, o irmanciño de Lucía.
 Ela quedou encargada de informarnos das etapas polas que van pasando os seus vermes.
  Estamos todos expectantes !


No hay comentarios:

Publicar un comentario