viernes, 25 de noviembre de 2016

STOP Á VIOLENCIA CONTRA AS MULLERES


Esta semana para traballar a coeducación e a igualdade de xénero desenvolvemos varias actividades relacionadas co conto de Adela Turín "Arturo y Clementina " que rematamos hoxe ,no " Día Contra a Violencia ás Mulleres ".



  1. Toda a clase observamos e comentamos de que podería tratar o conto.
  2. Lemos e visionamos a libro nun contacontos.
  3. En grupos reflexionamos sobre o conto e acordamos o que podería dicirlle Clementina a Arturo se non estaba de acordo coa situación que estaba a vivir.



4. Inventamos un final para o conto
    


5. Cada grupo escolleu un lema contra a violencia e escribiuno nun poster con lentellas.



6. Fixemos "maxia" co noso lema.




1 comentario:

  1. Hoxe teño que darlle as grazas a unha mestra que trouxo esperanza a miña mesa.
    Grazas a ela tiven a mellor conversa nos seis anos vida do meu pequeno.
    Martiño, contoume no xantar que hai mulleres que morren a man dos seus compañeiros, asustado de que neste ano vaian 39!, horrorizado por que hai nenas que son entregadas a homes adultos para casar (sen coñecerse!), contrariado ao saber de mulleres que sofren violencia por parte dos homes polo simple feito de ser mulleres.
    Grazas, Nati, por “perder” o tempo co máis importante, por traer estas conversas a miña mesa, por axudarme a facer dos meus fillos boa xente.
    Grazas por devolverme a confianza no ensino que as veces perdo, e por que así, coa boa semente que hoxe botamos, confío podamos cambiar o mundo.
    Unha aperta moi forte para ti e todas vos..

    ResponderEliminar