viernes, 23 de junio de 2017

HOXE COMENZAN AS ...

vacacions


En setembro do 2016 emprendiamos todos xuntos unha nova etapa : un curso novo, amigos novos, profesores novos ... case todo era novo cando empezamos.

Había nervios, dúbidas e medos. Era un mundo inexplorado para vós que debiamos descubrir todos xuntos: nenos, familias e... tamén os profes.

Pero día a día fómonos coñecendo e fomos superando os retos e os obstáculos que achabamos no camiño. Un camiño que construímos xuntos e do cal me sinto moi orgullosa de participar coa miña pequena achega

Durante este curso tiñamos o reto de preparar a estes alumnos no cambio que supón Primaria e facer nenos felices, que fixesen amigos, que se divertisen e que viñesen contentos ao colexio. Traballamos moito e aprendemos cousas novas, como a ler e así mergullarnos no marabilloso mundo dos libros; a sumar e restar; a escribir e falar dos nosos pensamentos, sentimentos ou de calquera cousa que se nos ocorrese... pero sobre todo o que aprendemos foi que en equipo traballamos mellor.

Regálame alegría ver  xa ,como se desenvolven en Primaria



1 comentario:

  1. Gracias Nati pola túa paciencia e bo humor, por ternos ás familias sempre ao día co blog e por facer que os nenos vaian tan felices ao cole. Algún vaite botar moito de menos no verán...Nati dice, Nati dice.... jajaja Disfruta das merecidas vacacións!! Familia de Xabi.

    ResponderEliminar