sábado, 28 de enero de 2017

DE BOTE EN BOTE


Estas últimas semanas, fixemos  varias actividades ao redor deste tenro libro de Ana Meilán.



Reflexionamos grazas a él, sobre que pode pasar se ocultamos as nosas emocións.



O pequeno Simón cansado de que todo o mundo chámelle chorón, decide gardar en botes debaixo da cama as súas bágoas e as de todo aquel que chora, pero... Que pasaría se o mundo quedase sen bágoas ? 
.
Despois de ler o conto, recortamos as nosas bágoas e escribimos nelas situacións que nos fan sentir mal.
Antes de pégalas no noso bote, fomos verbalizando como nos sentíamos, se tivo solución ou se alguén nos axudou a deixar de estar tristes.



Como remate , colocamos na clase un bote onde poder escribir as cousas que nos fan os nosos compañeiros que nos poñen tristes.
Ao remate de cada semana, lemos as bágoas escritas e reflexionamos sobre o que podemos facer e darlle unha solución.

Pero non pensedes que todo son bágoas eh?

Tamén temos un bote para as cousas que nos fan sentir ben !




1 comentario:

  1. Alégrome moito que vos gustara o conto e que Simón aportada actividades tan fermosas. Unha aperta ilusionada

    ResponderEliminar