miércoles, 22 de marzo de 2017

UNHA SAÍDA MOI BEN APROVEITADA


Sebastião Salgado é un fotógrafo sociodocumental e fotorreporteiro brasileiro nacido o 8 de febreiro de 1944 en Aymorés ( Brasil). Salgado viaxou a máis de 100 países polos seus proxectos fotográficos.


Aproveitando a nosa saída ao teatro ,do pasado luns, para ver o espectáculo musical de Mamá Cabra "Paxaro Amigo" , deixámonos caer pola rúa do Principe en Vigo para ver a mostra con 38 fotografías da  exposición " XÉNESE" deste recoñecido fotógrafo.

Que descubrimos en XÉNESE ? Especies animais e volcáns das Galápagos, os pingüíns, leóns mariños, corvos mariños e baleas do Antártico e o Atlántico Sur, elefantes africanos; tribos no máis profundo da selva amazónica, os nómadas gandeiros dinka en Sudán; os trashumantes nenets e as súas manadas de renos no Círculo Polar Ártico, os icebergs do Antártico, os volcáns de África Central , as gargantas do Gran Canón, os glaciares de Alaska e... moito máis.
Dedicando tanto tempo, enerxía e paixón na creación deste traballo, Salgado equipara XÉNESE co que el describe como «a miña carta de amor á Terra».

Foi unha saída redonda ,polo abraiados que quedamos coas impresionantes fotografías da exposición e polo que disfrutamos no teatro coa tan entretida posta en escea das cancións de Mamá Cabra.



PD : Se visitades o blogue da Biblioteca, poderedes visionar unha mostra da morea de actividades que levamos feito este mes de marzo que sempre chega cargadiño de conmemoracións : Día Internacional da Muller , Semana da Prensa,  Día da Poesía ...

Xa case estamos coa lingua fora !

No hay comentarios:

Publicar un comentario