viernes, 21 de abril de 2017

MENUDOS PADRIÑOS TEMOS EN 1º !

Esta semana os nosos padriños lectores de 6º, como bos padriños que son, aproveitaron a Pascua para non perder as mañas e facernos uns agasallos.
Regaláronnos un "Libro loco,loco loco" que ten unha morea de historias disparatadas que podemos ler como nos pete e de remate entregáronnos unhas mensaxes con pistas para buscar no patio lambetadas de chocolate.
Pensaban que nos levaría mais tempo descifrar as mensaxes pero ...
Ler e chocolatear todo foi ao empezar !


No hay comentarios:

Publicar un comentario