viernes, 8 de junio de 2018

O MELLOR AGASALLO !

O martes día 5 ,foi un día moi emotivo e especial. Ao terminar a última reunión coas familias da miña clase que puideron achegarse ao centro, entraron por sorpresa, todos os meus nenos.
Que ben saben xa gardar os segredos ! 

Un papá  entregoume un  USB para conectar ao ordenador co proxector... prepararan un vídeo para min ! 
Como non teño palabras para expresar o moito que me emocionou ,engadoo no blogue a petición das familias que non puideron  visionarlo enteiro. 


Aguantei o tipo o que puiden  pero sentir o seu agarimo ... é inigualable ! 
Quedo cos seus xestos, cos seus bicos, coa súa esencia... É o mellor agasallo do mundo, un recordo precioso que xamais esquecerei, por iso non podo dicir máis que GRAZAS, aos meus nenos e ás súas familias. 

Pois se non fose suficiente,  entregáronme un  fular con todos eles debuxados e unha bolsa de tea co meu nome. Encantoume !


Que dicir? Pois que cando te envorcas  no teu traballo, con maior ou menor acerto, o último no que pensas é no recoñecemento ou o agradecemento... con todo, cando o recibes, é a bomba ! 


     Ata o infinito e máis aló GRAAAAZAS !!


No hay comentarios:

Publicar un comentario