jueves, 18 de enero de 2018

A PREHISTORIA NO COLE

Esta semana disfrutamos no cole dunha pequena exposición sobre a Prehistoria e a visita a unha cova.
Primeiro Bienve falounos na aula de audiovisuais dalgunhas características desta etapa : modo de vida, utensilios que empregaban ...
Despois con Isabel entramos nunha cova e explicounos a evolución das pinturas rupestres e os materiais que empregaban para facer esas representacións artísticas.

Rematou a actividade cun percorrido pola aula de plástica onde puidemos observar utensilios ,ferramentas e adornos desta etapa da humanidade.

Lembramos cousas que xa coñeciamos, descubrimos outras novas e  ... non hai que dicir que o que máis nos gustou foi a replica da cova.


Recursos Tic e pasatempos prehistóricos





No hay comentarios:

Publicar un comentario