viernes, 30 de octubre de 2020

MEDO ME DERON ...

 A clase de 1º encheuse hoxe de esqueletos, bruxas, vampiros, zombis ...  que andaban mesturados coma se nada como  pericos pola súa casa.

Despois de rematar algunhas cousiñas que nos quedaron pendentes, disfrutamos dun día solleiro no patio e dun percorrido polas exposicións de cabazas e cestas colocadas nos corredores do cole.

Rematamos o día coa inaguración virtual da nosa biblioteca da boa mán dos alumn@s do 3º Ciclo , premede👉 aquí se queredes visionalo de novo, e a recollida das " Mochilas Viaxeiras" que retomaran a súa andaina ,coa mesma temática do curso pasado, polas familias que non as tiveron nas súas casas.

Aquí tedes unha foto do grupo e ...

                                                            
Unha montaxe con máis fotiños deste día.👇

  


No hay comentarios:

Publicar un comentario