Estas dúas últimas semanas mergullámonos nun obradoiro de monicreques e contos promovido pola Concellaría de Igualdade para crear entre todos un conto relacionado coa igualdade de xénero, a nosa contorna e o traballo en equipo.
Grazas a Amara, a monitora encargada do proxecto ...
- Eleximos como serían os nosos protagonistas e fixemos uns pequenos monicreques a modo de bocetos.
- Logo situamos aos nosos personaxes en lugares da nosa contorna e empregando "choiva de ideas" acordamos , que lles pasaba e como solucionaban o problema que tiñan.
- Elaboramos os nosos monicreques para acompañar ó ensaio da lectura dramatizada do conto.
- Por último só nos queda titular o conto e gravar o resultado final.
Aqui deíxovos algunhas fotos do proceso se premedes 👇
No hay comentarios:
Publicar un comentario