jueves, 9 de febrero de 2017

Filosofía para nenos e nenas

Hoxe os nenos e nenas de 2º  tivemos a nosa segunda sesión de filosofía para aprender a pensar. Mesas fóra, sentados en alfombras e na tarima, empezamos cun momento de meditación durante catro minutos centrando a atención en nós, na nosa respiración, nos nosos movementos... como rás.  Despois, como introducción a sesión de filosofía estivemos facendo en pequenos grupos un puzzle dunha obra de Gaughin, "Pueblo bretón bajo la nieve". Pegámola en cartolina e inventámoslle un título. 

      A raíz desta pintura comezamos a dialogar, aspecto fundamental e clave para aprender a pensar.


 Para a tarefa de meditación, basámonos na obra de Eline Snel, "Tranquilos y atentos como una rana", meditación para niños y padres.



No hay comentarios:

Publicar un comentario