viernes, 10 de febrero de 2017

PALABRAS CON SENTIMENTO

Aproveitando que estamos en febreiro, que temos un novo concurso no cole " Palabras con sentimento ", ver bases no blogue da biblioteca .
conto escollido para traballar este mes é ...


Unha marabilla de conto co que traballamos as diferentes maneiras de expresar AMOR : cun sorriso, cunha mirada, cunha aperta ... ou como facía Bruno o protagonista do conto, recollendo palabras para regalarllas a Andrea.
Unha historia de amor con moitos matices, onde nos fala dunha sociedade chea de desigualdades, do valor dos cartos e da importancia de dicir as cousas desde o corazón.
Despois de visionar e ler o conto, pensamos nas palabras que nos gustan, por como soan, por curtas, por longas, polo que significan ou polo que nos lembran.
Algunhas das palabras que sairon foron : nubes, fantasía, Celta, rosa, fresa, bolboreta,  beso, unicornio, hamster, xoaniña, tiovivo, risa, adorable, caricias ...
Escribímolas en corazóns e con eles fixemos un globo aerostático.
Continuaremos atrapando palabras para que o noso globo suba ben alto.





No hay comentarios:

Publicar un comentario