miércoles, 4 de mayo de 2016

O BIGOTE DE MIMÍ


Hoxe asistimos á proposta escénica ofertada pola Fundación Manuel María e representada por Luis Vallecillo e a banda do Cuberto "O bigote de Mimí".


Unha versión musical do conto de Manuel María, ilustrado por Xaquín Marín que amosounos a historia deste gato agarimoso e moi presumido que nos tivo impacientes dias atrás, ata saber se acabaría sendo empanada para ratos por unha mala decisión.
Agradecemos unha vez máis a ANPA a súa colaboración para subvencionar esta proposta !

1 comentario:

  1. Gustáronlles moito as fresas aos ratos e as mazás a Mimí. Temos que repetir a semana da froita!!! Deica a próxima...

    ResponderEliminar