viernes, 27 de mayo de 2016

UN CONTACONTOS ESPECIAL



Vanesa e Jenni, nais de Kira de 1º e Leire  de 2º puxeron onte, a guinda as sesións de Contacontos deste curso.





Jenni contounos como "NO PAÍS DOS MANDÓNS " uns cantos mandaban sobre o resto ,levándonos coa narración a reflexionar sobre o valor da  igualdade, na que homes e mulleres teñen os mesmos dereitos.

Vanesa leunos poemas de " O LIBRO DOS BICOS" un libro de poemas ilustrado que posúe mil e unha historias ... unha morea de bicos que nos conquistan e consolan.

MOITAS GRAZAS POR COMPARTIR CON NÓS ESTAS LECTURAS  !

No hay comentarios:

Publicar un comentario