lunes, 9 de mayo de 2016

ESTALACTITAS CASEIRAS

Lidando co tema "O noso planeta" entre oceanos, continentes , rochas e minerais ... acabamos investigando sobre algunhas formacións rochosas que podemos atopar no noso planeta.
As estalactitas e as estalagmitas son formacións de roca que se atopan dentro das covas.
Fixemos unha visita virtual a cova " El Soplao " en Cantabria.


Averiguamos como se formaban e experimentamos facendo" unha estalactita caseira" que resultou ser o mesmo experimento co que Uxía rematou a nosa mochila viaxeira.






No hay comentarios:

Publicar un comentario